venres, 13 de novembro de 2015

Tema 2 Hardware


Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 32 e 33 do libro (non é necesario buscar información adicional, excepto no punto 1) e son os seguintes:
  • Superordenador Mare Nostrum. Busca información (aprox 15 liñas) e imaxe na rede.
  • Tablets. Busca imaxe na rede.
  • Smartphones. Busca imaxe na rede. 


 Actividade 4.pdf

Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 36 e 37 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • RAM. Busca imaxe na rede.
  • Memoria caché.
  • Memoria virtual.
  • Memoria ROM-BIOS.
  • Memoria RAM-CMOS.
ACTIVIDADE6.PDF
Impresora 3D.
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). 
  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible).
A impresora 3D: é unha máquina ou dispositivo mecánico capaz de, mediante diversos procesos utilizados, sintetizar un obxecto tridimensional. Na impresión en 3D, as sucesivas capas de material fórmanse baixo control por computador. Estes obxectos poden ser de case calquera forma ou xeometría, e prodúcense a partir dun modelo 3D ou outra fonte de datos electrónicos. Unha impresora 3D é un tipo de robot de manufactura industrial.

3 tipos de impresoras 3D:

- Impresoras 3D de tinta: No caso das impresoras de tinta, o po compositivo utilizado pode ser a base de escaiola ou celulosa . O resultado é bastante fráxil, polo que convén someter a peza a unha infiltración a base de cianocrilato ou epoxis para darlle a dureza necesaria. A vantaxe é que é un método máis rápido e económico, aínda que as pezas son máis fráxiles.

- Impresoras 3D de láser: No caso das impresoras de láser, ao acabar o proceso de impresión, debe esperarse un tempo para que o material acabe de polimerizarse. A vantaxe é que as pezas son máis resistentes, aínda que o proceso é máis lento e máis custoso.

- Impresoras que inxectan polímeros: Outra tecnoloxía de impresión 3D funciona inxectando resinas en estado líquido e curándoas con luz ultravioleta. Caracterízase pola súa precisión e acabado de superficie, as pezas están totalmente curadas ao terminar a impresión e non hai tempo de espera.

Aplicacións: O campo do medicamento é un dos máis avanzados en canto ao uso das impresoras 3D. Existen impresoras que son capaces de crear guías cirúrxicas e modelos dentais. Tambien son utilizados nos transplantes; existen dous casos: que necesiten coller pel dunha parte do corpo e colocala na lesión, cousa moi dolorosa, ou que necesiten reconstruír algún óso. En ambos os casos as impresoras en tres dimensións poden axudarnos. As impresoras 3D tambien son usadas para crear órganos úsanse células vivas como material para imprimir. A partir destas é posible xerar un órgano para implantarllo a unha persoa. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario